Condicións especiais de ADESLAS

Introdución

Logotipo de AdeslasO colexio dispón dun convenio asinado con ADESLAS, compañía líder de seguros de saúde con máis de 2.900.000 de asegurados en España e máis de 220.000 en Galicia, o cal permitirá aos colexiados/as e aos seus familiares directos (cónxuxe e fillos) acceder aos seus produtos de asistencia sanitaria en condicións especiais.

Características do convenio

ADESLAS deseñou para o colexio unha póliza coa que poderán acceder aos mellores servizos da sanidade privada, dende os máis básicos ata os máis avanzados da medicina moderna, coas coberturas asistenciais máis amplas do mercado (medios de diagnóstico de alta tecnoloxía, hospitalización en cuarto individual con cama de acompañante, próteses internas, lentes intraoculares, medios de contraste, podología, psicoloxía, etc.).

Os medios asistenciais que ADESLAS ofrece aos membros do colexio son os seguintes:

  • Cadro Médico Nacional con máis de 33.000 facultativos e 320 clínicas propias ou concertadas. Para máis información pode consultar a web www.adeslas.es.
  • O Cadro Médico máis amplo de Galicia con máis de 2.200 facultativos e as clínicas de maior nivel asistencial.
  • Hospital Propio: Hospital Ntra. Sra. de Fátima en Vigo.
  • Centros Médicos propios: Lugo Salud, Coruña Salud, Ferrol Salud, Vigo Salud e Pontevedra Salud.
  • Clínica Dental Propia en Vigo en C/ Colón, 21-1º, e proximamente Clínica Adeslas Dental en Pontevedra.

Adicionalmente ADESLAS tamén proporciona:

  • Programas de prevención en pediatría, xinecoloxía e cardioloxía.
  • Programas postparto, antitabaquismo, alerta de vacinación á infancia.
  • Segunda opinión Médica, cirurxía refractiva cun custo un 50% inferior ao de mercado.
  • Liña de orientación médica, servizo de atención de embarazadas, Liña de atención ao viaxeiro internacional.
  • Homeopatía en condicións especiais.
  • Club ADESLAS Salud: descontos en balnearios, casas rurais, ximnasios e ópticas.

Condicións

O custo do seguro por persoa e mes é o seguinte:

  • De 0 a 44 anos: 42,49€ persoa/mes
  • De 45 a 64 anos: 62,62€ persoa/mes
  • 65 en adiante: 106,24€ persoa/mes
  • Sen custo adicional por acto médico.
  • A oferta esténdese ao cónxuxe e fillos dos colexiados/as.
  • Adeslas Dental para os/as que teñen contratada a póliza do colexio de asistencia sanitaria en Lugo e Ourense: 6,30€
  • Adeslas Dental Óptima para os/as que teñen contratada a póliza do colexio de asistencia sanitaria en Coruña e Pontevedra 7,70€.
  • Adicionalmente, tamén é posible contratar un módulo de accidentes desde 2,55 € por persoa ao mes.

Máis información

Candado medianoPara contactar con ADESLAS en relación con este convenio pode utilizar este formulario web Símbolo de email pequeno. Este formulario de contacto é un servizo que unicamente se ofrece aos membros colexiados.

Adicionalmente, ao final deste documento poden atoparses diversos arquivos que conteñen os detalles do convenio.

Para obter máis información pode consultarse a páxina web www.adeslas.es, onde é posible obter as condicións xerais das pólizas Adeslas Completa e Adeslas Dental e o Cadro Médico Nacional.

O departamento comercial de Adeslas está a disposición dos/das colexiados/as para calquera dúbida ou aclaración nos teléfonos:

  • 981 126 745 en A Coruña.
  • 982 244 413 en Lugo.
  • 988 239 318 en Ourense.
  • 986 854 350 en Pontevedra.
  • 986 221 497 en Vigo.