Xornada sobre Intelixencia e Ciberseguridade no Club Financiero Atlántico, organizada pola Escuela de Finanzas e a AGASP

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, intervirá nunha das mesas redondas do seminario, previsto para este venres
xornada ciberseguridade


A Escuela de Finanzas e a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) organizan a Xornada “Intelixencia&Ciberseguridade. Retos ante un mundo global”, que se desenvolverá no Club Financiero Atlántico, na Coruña, o vindeiro venres día 10 a partir das 09.30H.

O seminario contará coa inauguración de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia.

A organización destaca que as ameazas intelixentes comezan a acaparar protagonismo e a asentarse como “unha preocupación e un reto para os CISO na defensa das contornas dixitais e os sistemas da información”. Grazas á crecente converxencia entre a seguridade física e a informática, o compromiso corporativo coa seguridade integral aumentou. Nese sentido, sumáronse aos organigramas corporativos as áreas de intelixencia e estratexia, que aplican de boa maneira ao campo da seguridade.

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participará na mesa redonda “O desafío da ciberseguridade” xunto con outros relatores como Roberto Baratta, global executive VP and director of Loss Prevention de ABANCA, e Antonio Bueno Iglesias, xefe do Servizo de Infraestruturas e Arquitectura Tecnolóxicas do Sergas. Moderará Rafael Ave, director da Área de Transformación Dixital e Ciberseguridade de Emetel.

Máis información: http://www.cfatlantico.com/