Conferencia sobre a Ordenación e Regulación da Enxeñaría en Informática en San Sebastián

O día 2 de novembro, na Facultade de Informática da Universidade do País Vasco, con motivo do 40 aniversario da posta en marcha dos estudos
conferencia 40

Con motivo das actividades previstas polo 40 aniversario da posta en marcha dos estudos universitarios oficiais de Informática en España, a Universidade do País Vasco organiza este xoves, día 2, unha conferencia dirixida principalmente a profesores, estudantes e titulados en Enxeñaría Informática sobre a “Ordenación e Regulación Legal da Enxeñaría Informática”.

A conferencia organízase coa colaboración do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII) e do Colegio Oficial de Ingenieros en Informática de Euskadi (COIIE), e terá lugar na Sala Ada Lovelace da Facultade de Informática (Pº Manuel Lardizabal, 1 - 20018 Donostia-San Sebastián), aínda que se pode seguir tamén en directo: https://ehutb.ehu.es/canal2

Información na web da Universidade do País Vasco: http://www.ehu.eus/ehusfera/ifbloga/2017/10/25/6650/

Máis información sobre o evento nacional conmemorativo promovido pola CODDII para a celebración do 40 aniversario da posta en marcha dos estudos universitarios oficiais de Informática en España:

 https://ccii.es/44-news/344-acto-de-40-aniversario-de-la-titulacion-de-ingenieria-informatica-en-espana