AMTEGA e CPEIG reunirán casos de éxito profesional na “Xornada Transformación Dixital e Talento” o día 16 de outubro

Participarán como relatores: Tino Fernández, de Altia; o profesor de Innovación Enrique Dans; David Tomás, de Cyberclick e Juan Carrillo, de LinkedIn
talento

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ultiman os preparativos da “Xornada Transformación Dixital e Talento”, un ambicioso evento que porá en contacto a empresas, universidades e estudantes ao redor da economía dixital o vindeiro día 16 de outubro.

Os relatores que participarán no encontro, seleccionados polo seu perfil inspirador, son exemplo de éxito profesional: Constantino Fernández, presidente executivo de Altia; Enrique Dans, profesor de Innovación do IE Business School; Juan Carrillo, Director de Relacións con Clientes de LinkedIn; e David Tomás, cofundador e CEO de Cyberclick.

O Auditorio 2 do Edificio CINC Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela,  acollerá as charlas en horario de mañá. A xornada está dirixida ao público en xeral e en particular a estudantes universitarios, previa inscrición en eventos@cpeig.gal ou https://XTdT.eventbrite.es. O mago mentalista Javier Luxor actuará de condutor do acto e mesmo realizará algunha pequena actuación.

PROGRAMA

10.00 H.          APERTURA DA XORNADA

                       Mar Pereira, directora da Amtega

                       Fernando Suárez, presidente do CPEIG

 

10.15H.           Presentación de Javier Luxor. Dá paso a:

10.30H.           Constantino Fernández, presidente executivo de Altia Consultores

                        “Retos da xestión do talento en servizos de transformación dixital” 

11.15H.           Enrique Dans, profesor de Innovación no IE Business School                                            

“Carreira profesional: coa innovación como clave”

12.00H.           Pausa para café

12.30H.           David Tomás, cofundador e CEO de Cyberclick

                        “A empresa máis feliz do mundo”

 13.15H.      Juan Carrillo, Director de Relacións con Clientes de LinkedIn

14.00H.           Peche da xornada     

 

O CPEIG e a AMTEGA unen esforzos na organización da “Xornada Transformación Dixital e Talento” na procura dun punto de encontro da mocidade e profesionais que buscan formarse nun dos sectores máis dinámicos da economía española e con máis saídas laborais, e con empresas que achegan a súa experiencia en demanda de recursos humanos no sector TIC.

O seminario inscríbese no convenio de colaboración que manteñen a Amtega e o CPEIG.

 

 

AdxuntoTamaño
Xornada Dixital_programa.jpg866.62 KB