Patrocinamos o LibreCon 2017, o maior encontro promovido polo sector das tecnoloxías libres

Terá lugar durante os días 19 e 20 do mes de outubro en Santiago de Compostela
Símbolo do CPEIG

O LibreCon 2017, o maior encontro internacional promovido polo sector das tecnoloxías libres, celebrarase os días 19 e 20 de outubro en Santiago de Compostela. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) será un ano máis un dos patrocinadores do evento, que promoven Agasol e Asolif. 

O LibreCon deste ano céntrase no uso das tecnoloxías libres nos sectores industrial e primario, e nas novas oportunidades que ofrecen estas tecnoloxías nos campos como o cloud computing, a análise de Big Data e Internet das Cousas (IoT). Ademais, haberá un track especial dedicado á economía colaborativa.