Presentan no D6 un novo sistema operativo web

Os responsables de G.ho.st. presentaron o seu produto no D6.

Responsables do G.ho.ost o presentan no D6Durante o congreso D6 presentouse un novo sistema operativo baseado en web, o G.ho.st. (que significa Global Hosted Operating System), que sería un ordenador virtual baseado en web que se achegaría aos seus usuarios de balde, para permitirlle acceder a o seu escritorio dende calquera ordenador con acceso á Internet.

Esta nova aplicación está hospedada en servidores de Amazon (o que garante a súa dispoñibilidade) e sorprende ver o semellante que é a súa interface con Windows. G.ho.st. integra lector de RSS, reprodutor de MP3, explorador de arquivos, procesador de textos e outras aplicacións que funcionarán sen que teñamos que instalar nada no noso equipo, e que se complementará con almacenamento de disco de balde.

O modelo de negocio deste sistema operativo virtual non estaría no cobro aos usuarios finais por servizos adicionais, senón que serían provedores de servizos que se queiran incorporarao escritorio web os que financiarán esta plataforma.