O tour tecnolóxico “Transformación Dixital. Todo Conectado” chega a Galicia o 21 de setembro

O encontro analizará o papel das tecnoloxías en rede para impulsar a transformación dixital
Aslan

A Asociación @asLAN e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convidan as persoas colexiadas a participaren na XII Edición do tour tecnolóxico “Transformación Dixital. Todo Conectado”, que terá lugar o vindeiro 21 de setembro en Santiago de Compostela. Máis información: www.aslan.es/Tour

Os asistentes poderán aprender dun amplo programa de conferencias que virará ao redor do papel das tecnoloxías en rede para impulsar a transformación dixital. O encontro  ofrecerá, asemade, unha ampla perspectiva sobre importantes tendencias de futuro e solucións tecnolóxicas  dispoñibles para construír plataformas dixitais aliñadas co negocio: Internet of Things, Mobile User e Hybrid Cloud, entre outras.

Unha mesa redonda clausurará o evento; nela participarán directores de tecnoloxía do goberno municipal, autonómico e representantes de empresas locais que darán a coñecer as tendencias e proxectos tecnolóxicos que se dan en Galicia.

Inscrición