Diversión e compañeirismo na xornada de convivencia para persoas colexiadas celebrada o pasado día 9

Xa podes ver as fotos das actividades desenvolvidas en Sanxenxo dentro da celebración do décimo aniversario do CPEIG

Karting

Compartimos os testemuños gráficos da inesquecible xornada de convivencia para familias de colexiadas e colexiados celebrada o pasado día 9 de xullo nas instalacións do Karting Dakart https://www.racingdakart.com/sanxenxo/, escenario elixido para a realización de distintas actividades dirixidas a maiores e adultos. En total, xuntáronse unhas 88 persoas  na localidade pontevedresa nunha xornada de lecer ao aire libre.

Karting para adultos, karting para rapaces e rapazas, minigolf, canoa e tirolina foron as actividades que reuniron a membros do CPEIG e familiares dentro das iniciativas de conmemoración da década de vida do Colexio.

As fotos dan conta da diversión e dos bos momentos pasados nun ambiente no que reinou o compañeirismo e o bo humor