O CPEIG organiza a xornada “Introdución a DevOps, uso de microservizos e tecnoloxía de contedores” o 29 de xuño

É necesaria a inscrición previa en https://introducion-devops.eventbrite.es/
Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) reunirá o vindeiro 29 de xuño en Santiago de Compostela, baixo o patrocinio da firma HPE e a colaboración de Abanca, un elenco de expertos na xornada “Introdución a DevOps, uso de microservizos e tecnoloxía de contedores”. 

As innovadoras tecnoloxías de contedores están axudando ás empresas e administracións a ser máis áxiles, competitivas e a aliñarse axiña coa nova mentalidade dixital; en definitiva, a levar a cabo a súa transformación dixital. Estamos vivindo un cambio na maneira en cómo se constrúe, cómo se desprega e cómo se distribúe o software,  con tecnoloxías que crean contedores portables de aplicacións e eliminando as barreiras entre desenvolvemento e produción. Están as organizacións preparadas para levar os contedores á  súa produción? Esa é a pregunta que os relatores da xornada organizada polo CPEIG tentarán responder.

A asistencia ao encontro, que se celebrará no Centro Abanca Obra Social, na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela, é aberta, previa inscrición en https://introducion-devops.eventbrite.es/

Programa

10:30h - 10:45h Apertura

Fernando Suárez – CPEIG

10:45h - 11:15h Torusware - Qué é DevOps e por qué os colectores axilizan a súa implantación

Guillermo López - CEO TorusWare

11:15h-11:45h Gartner - Gartner Research: Design Thinking and Innovation.

Erik Van Ommeren - Analista Gartner

11:45h - 12:00h Pausa para café.

12:00h - 12:30h Red Hat - DevOps, contedores e aplicacións Cloud nativas.

 Ramon Gordillo, Solution Architect RH.

12:30h - 13:00h HPE - Infraestrutura como código para contornas DevOps.

Pablo Ráez, Category manager HPE.

13:00h - 14:00h Mesa Redonda. Aplicación e uso de DevOps, e tecnoloxías de colectores na empresa e administración.

 Modera: Guillermo Lopez  (Torusware).

 Participan:

Miguel Ares Tarrío (Altia)

Antonio Bueno Iglesias (Sergas)

  Fernando Suárez Lorenzo (Amtega)

14:00h - 14:15h Peche da xornada.

Fernando Suárez – CPEIG

14:15h: Comida Networking.