A presentación da Rede Galega de Ciberseguridade será o vindeiro 24 de maio

No Centro Abanca Obra Social, en Santiago de Compostela, en horario de mañá
redeciber

O vindeiro 24 de maio reunirase por primeira vez a Rede Galega de Ciberseguridade co pretexto dunha xornada que se desenvolverá de 10.00 a 14.00 horas e na que cómpre inscribirse con antelación. O evento terá lugar no Centro Abanca Obra Social de Santiago de Compostela, sito na Praza de Cervantes

Programa:

10:00h -10:15h Presentación da Rede Galega de Ciberseguridade

 10:15h -11:00h Presentación dos obxectivos da Rede e das actuacións para 2017

11:00h -11:45h Presentación Garda Civil: Gonzalo Sotelo.

11:45h -12:15h Pausa para café

12:15-13:00h. Presentación de actuacións en formación e profesionais en Ciberseguridade en Galicia:

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo: Enrique Costa Montenegro.

Facultade de Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña: Francisco Javier Nóvoa e Carlos Dafonte.

Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia: Fernando Suárez.

Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia.

Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática.

Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería Técnica en Informática.

13:00-14:00h Mesa Redonda

14:00h en adiante: Networking con tapeo

Máis información: https://www.eventbrite.es/e/entradas-xuntanza-da-rede-de-ciberseguridade-galega-34510511870