O CPEIG asistiu á asemblea anual do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática

A reunión, de carácter ordinario, tivo lugar na cidade de Santander o pasado sábado, 29 de abril
asemblea

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez Lorenzo, e o secretario do mesmo ente, Juan José González Cid , participaron o pasado día 29 de abril en Santander na asemblea anual do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática, do que Suárez Lorenzo é vicepresidente primeiro.

Os representantes dos distintos colexios aprobaron todos os temas propostos, entre os que cómpre sinalar o informe do presidente, a memoria anual correspondente a 2016, as contas do ano pasado e o orzamento previsto para  o presente ano 2017.