Xa podes mercar a túa camiseta conmemorativa do décimo aniversario do Colexio

Os centros de recollida da prenda son a FIC, a ESEI e a sede do CPEIG en Santiago de Compostela
Camiseta aniversario

As persoas colexiadas poden encargar xa as camisetas oficiais do décimo aniversario do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), que celebramos ao longo do presente ano 2017. Á proposta dun dos colexiados, o ente colexial mercounas como unha das accións que se levarán a cabo por mor da celebración da nosa década de vida. 

O lema que reproduce a camiseta, como se pode observar na fotografía, é o seguinte: “Hai só 10 tipos de persoas no mundo: as que entenden o binario e as que non”, xunto co logo conmemorativo  da década de vida do CPEIG. 

As colexiadas e colexiados interesados en mercar a camiseta poden enviar un correo electrónico a info@cpeig.gal, indicando o seu talle consonte á seguinte guía de tallas:http://www.donacamiseta.com/content/6-tabla-de-tallas. É importante ter en conta que tallan pequeno. A forma de pago será a seguinte: cargaráselle o importe de 5,80 euros na cota mensual a cada colexiado que encargue a camiseta conmemorativa. 

Unha vez se teña unha remesa delas, as colexiadas e colexiados recibirán o aviso de que poden ir recoller as camisetas. Os centros de recollida son: conserxerías da Facultade de Informática de Coruña e da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (Campus de Ourense) e centro de negocios onde se atopa a sede do CPEIG: Rúa Fernando III O Santo, 13 1ºA, Santiago de Compostela. 

Animámosvos a que encarguedes as camisetas e levedes con orgullo o logotipo do noso décimo aniversario!