A Clínica Baltar únese ao grupo de entidades colaboradoras do CPEIG

Ao abeiro dun convenio asinado recentemente co centro bucodental compostelán
Clinica Baltar

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) suma a Clínica Baltar ao crecente grupo de entidades que lles ofrecen vantaxes e descontos ás persoas colexiadas. Ao abeiro dun acordo recentemente asinado por Pablo Baltar, director da clínica, e Fernando Suárez, presidente do CPEIG, todos os membros do CPEIG, parellas e familiares en primeiro grao beneficiaranse dunha revisión e limpeza bucodental gratuítas e tamén dun desconto do 20% en todos os tratamentos, así como doutras condicións especiais no resto de especialidades.

A Clínica Baltar está situada na rúa Xeneral Pardiñas 21, 2º andar, en Santiago de Compostela. Podedes solicitar cita previa no teléfono 981 06 82 35, indicando que es membro do CPEIG.