PNL do grupo Ciudadanos no Congreso dos Deputados sobre a Enxeñaría Informática

Segundo informou o Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería en Informática
Congreso

O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a:

.         1. Incluír as especialidades de enxeñaría técnica e enxeñaría informática na relación de profesións e actividades reguladas da actualización do Real Decreto 1837/2008.

2.         Estudar, respectando a lexislación e normativa vixentes, as posibilidades de definir solucións transitorias para que a enxeñaría informática teña o mesmo trato có resto das enxeñarías ata a actualización do Real Decreto 1837/2008.

3.         Garantir que os titulados en enxeñaría informática e enxeñaría técnica informática estean nas mesmas condicións de recoñecemento que noutros países europeos.

4.         Que, adaptando a normativa legal existente, os titulados en enxeñaría informática e enxeñaría técnica informática poidan obter a tarxeta profesional europea ao mesmo nivel có resto de profesións.

Emitirase nas vindeiras datas unha valoración por parte da comisión permanente de CCII, CONCITI, RITSI e CODDII para realizar un seguimento de todas as accións a prol do recoñecemento profesional e académico da Enxeñaría  Informática.