Nace un novo inimigo da SGAE: a EXGAE

Nace para liberar á cidadanía das actuacións da SGAE e outras entidades xestoras.

Se xa ata o de agora unha parte importante da sociedade española lle tiña declarada a guerra álogotipo da EXGAE SGAE (a meirande parte internautas e usuarios de novas tecnoloxías alporizados polo cobro do canon dixital), é probable que a partires de agora aínda sexan máis os cidadáns que se decidan a loitar en prol da reforma da Lei de propiedade intelectual, que tan mala sona lle está a dar á devandita sociedade de xestión e a outras organizacións semellantes.

O motivo do probable incremento de persoas declaradas en contra desta entidade é o nacemento dun inimigo declarado da SGAE: a EXGAE, unha asesoría legal case de balde creada para "liberar á cidadanía das actuacións da SGAE e outras entidades xestoras".

Este organismo está respaldado por preto de 8.000 persoas e 24 identidades, entre asociacións e cidadáns e "nace coa vontade de canalizar a popular e xustificada hostilidade cara estas entidades xestoras empregando ferramentas artísticas e legais".

O papel principal de EXGAE será, sobretodo, permitir a libre circulación do coñecemento e beneficiar á sociedade na súa totalidade e non a un "restrinxido lobby de persoas" que sacan partido económico pola difusión da cultura.

Os servizos que ofrece esta asesoría son:

  • Asesoría legal presencial tódolos martes con avogados especializados.
  • Respostas, na súa web, a tódalas preguntas máis recurrentes sobre dereitos de autor, licenzas, canon e entidades de xestión para artistas, produtores, salas, establecementos, tendas de informática...
  • Ferramentas de autodefensa: Dende a web oficial da EXGAE, tódolos usuarios poderán descargar as ferramentas necesarias para levar a cabo o seu rexeito de calquer tipo de inxustizas relacionadas coa SGAE como modelos de contratos, cartas de rexeito contra o canon para difusión cando estea aplicado de xeito improcedente...
  • Cambio de repertorio: a web oficial tamén ofrece ferramentas para producir e acceder a repertorios non suxeitos ás recadacións das entidades de xestión, aproveitando todo o potencial que hoxe ofrece a Rede de redes.

Os responsables da Exgae queren, ante todo, deixar claro que son unha asesoría impulsada por creadores independentes e afectados polas actuacións de entidades de xestión tales como a SGAE e non por aproveitados que se queren beneficiar das mobilizacións alleas.