Convócanse a segunda edición dos Premios Clúster TIC Galicia

Empresas e profesionais poderán optar aos galardóns en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups, Software Libre e Márketing Dixital.

Logotipo do Cluster TIC

Coa finalidade de recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información convócanse a segunda edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Con esta iniciativa, quérese pór de relevo ante a sociedade o labor das empresas e profesionais que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.

 

​Categorías

Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups, Software Libre e Márketing Dixital. Poderán presentar as súas candidaturas todas aquelas empresas que realicen proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, ben sexa como provedores ou como entidades usuarias de produtos e servizos TIC galegos.

Os interesados en presentar unha candidatura deberán facelo exclusivamente a través da web do Cluster TIC, cubrindo o formulario online e axuntando a documentación que consideren oportuna. O prazo conclúe o próximo domingo 20 de novembro ás 23:59 horas​.

 

​Galardóns

Para decidir os gañadores, o Clúster creará un Comité Avaliador Experto. Unha vez que se realice a votación do xurado, farase pública unha lista con tres finalistas por categoría e os gañadores non se desvelarán ata a Gala de entrega dos Premios.

Máis información

Na web do Cluster TIC Galicia podedes cosultar as bases completas dos premios e ter aceso ao formulario online de cada unhas das categorías. En caso de ter calquera consulta, podedes contactar coa Oficina do Cluster.