O mercado das TICs crecerá un 3% este ano na Unión Europea

En 2009 manterase o mesmo crecemento, segundo o Observatorio Europeo.

O último informe do Observatorio Europeo das Tecnoloxías de Información (OETI) recolle un incremento no mercado das TICs na UE do 3% para este ano, alcanzando unha cifra de negocioGráficas do crecemento das TIC en Europa de 761 mil millóns de euros. España e Francia son os países que máis impulso están dando a este sector, mentres que, por valor, o mercado do Reino Unido supera amplamente aos demais, con 152 billóns de euros (un 20% do mercado europeo total). As telecomunicacións van rexistrar crecementos moito máis modestos (un 2%). O informe recolle unha caída en todo o relacionado coa telefonía fixa e un incremento dos servizos de datos, xa sexan fixos ou móbiles.

O mercado europeo das Tecnoloxías de Información (TI), as telecomunicacións e os produtos electrónicos dixitais vai crecer un 3% en 2008, ata os 761 mil millóns de euros. Esta é a última previsión que fixo o Observatorio Europeo das Tecnoloxías de Información (OETI).

Os novos datos do OETI, recollidos pola Asociación Alemá de Tecnoloxías da Información (BITKOM) en colaboración con varios institutos de investigación de mercado, augura ademais que ese crecemento manterase para o ano que vén, pero máis moderado: un 2,4% de crecemento e unha cifra de negocio de 780 mil millóns de euros.

"Esta industria está alcanzando de novo un crecemento considerable nun nivel xa de seu alto", comenta o presidente executivo do OETI, Bruno Lamborghini, nun comunicado. "As empresas europeas están ben posicionadas para sobresair globalmente"

O mercado das TIC representa o 6% do Produto Interior Bruto (PIB) no Vello Continente e é a fonte do 20% do crecemento total da productividade do Vello Continente.

España á cabeza

No informe deste ano, os mercados máis grandes son España, cun 4,6% e Francia cun 3,2%. Ambos países están dando mostras, ademais, de fortes crecementos.

En términos de valor, o Reino Unido destaca poderosamente sobre os demais, cun mercado das TICs valorado en 152 mil millóns de euros. Neste apartado, séguenlle Alemaña (145 mil millóns) e Francia (113 mil millóns). Segundo o informe, este dominio do Reino Unido débese a que asumiu, con moita diferenza, o maior investimento na Unión Europea.

Así, o mercado TIC do Reino Unido representa o 20% do total da UE. O alemán representa o 19%, o francés o 15% e o italiano o 9%.

O impulso máis forte provén do gasto en tecnoloxías da información. O mercado TI en Europa está crecendo un 4,3%, ata os 313 mil millóns de euros. Dentro deste segmento os servizos, co 5,7% de crecemento, e o software, co 5,2% seguen vivindo certo "boom". Chama a atención que, dentro dos servizos, o mercado de outsourcing aumente un 7,4%.

"Espérase as TI sigan crecendo o ano que vén de igual xeito", comenta Smith Basterra, que é membro do consello de BITKOM. Segundo os datos que manexa o OETI, o gasto en TI crecerá o ano que vén un 4,4%, ata os 326 millóns de euros.

Peor as telecomunicacións

O menor crecemento dáse no sector das telecomunicacións. No conxunto da UE, o mercado das telecomunicacións só crecerá un 2% este ano, alcanzado os 386 mil millóns de euros. En Europa estase dando o mesmo proceso que noutras partes do mundo, é dicir, unha caída constante da telefonía fixa e un aumento do servizos de datos fixos e móbiles

"As rápidas conexións de banda ancha son indispensables non só para as empresas, senón que a maior parte dos usuarios privados queren ter a posibilidade de explorar todas as posibilidades de Internet", comenta Lamborghini.

Dentro deste apartado, destaca a importante subida que é espera teñan os servizos de datos para móbiles, cun 11%. O informe tamén reflicte un importante avance (10,7%) para os servizos de acceso Internet.

A previsión da EITO é que o mercado das telecomunicacións siga crecendo máis ou menos ao mesmo ritmo de face a 2009: un 1,8%, ata os 383 millóns de euros.

O informe tamén recolle datos sobre o segmento dos produtos electrónicos dixitais. Este vai rexistrar de igual modo incrementos, aínda que os crecementos de dous díxitos que se experimentaron en anos pasados xa non se van a repetir.

O gasto nestes produtos incrementarase un 2,5% en 2008, alcanzando os 63 mil millóns de euros. En Europa, os televisores planos, as consolas e os sistemas de navegación están impulsando o sector.

O sector está dominado amplamente polas televisións de pantalla plana, cunha porcentaxe do 40% do mercado. As cámaras dixitais, pola súa banda, significan o 11%, mentres que as consolas representan o 8%.

"Os europeos acolleron os novos produtos dixitais moitísimo entusiasmo", comenta Lamborghini. Ademais, ao mesmo tempo que moitos fogares están substituíndo os seus aparellos analóxicos por outros dixitais, os prezos están axustándose á baixa. Isto redundará nunha caída da facturación na UE do 3,2% (61 mil millóns de euros) en 2009, advirte a EITO.