O CPEIG asina un contrato con Andavira Editora para distribuír o libro “Historia da Informática en Galicia”

As persoas colexiadas só terán que pagar os gastos de envío ou recollelos de forma gratuita na ESEI, na FIC ou na sede do CPEIG, namentres que o prezo de venda ao público é de 30 euros

Andavira

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) asinou recentemente un contrato coa empresa Andavira Editora S.L. para distribuír o libro “Historia da Informática en Galicia. Unha cronoloxía”. 

Ao abeiro do acordo firmado por Lucila Ventoso Casais, directora de Andavira Editora S.L., e Fernando Suárez, presidente do CPEIG, o prezo de venda do libro queda fixado en 30 euros, incluído o IVE. As persoas e entidades interesadas no volume poden solicitalo a través do correo electrónico  info@andavira.com. 

No caso das colexiadas e colexiados, o único pago que deben facer corresponde aos gastos de embalaxe e envío que serán de 6€ (IVE incluído) por libro a entregar na Península e 10€ para entregas nas Illas Baleares, Canarias e Portugal. Asemade, as persoas colexiadas poden conseguir o libro no centro de negocios onde se atopa a sede do Colexio (Fernando III O Santo, 13, 1ºA, Santiago de Compostela) e tamén na ESEI en Ourense e na FIC na Coruña sen gasto ningún; Para isto chega con que envies un correo a punto.recollida.libro@cpeig.gal indicando o punto de recollida desexado (sede CPEIG, ESEI ou FIC), e os datos da/o colexiada/o.

O volume, presentado o pasado verán polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, naceu baixo a coordinación de Javier García Tobío, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e membro da Xunta de Goberno do CPEIG, e polo presidente deste colexio, Fernando Suárez Lorenzo.  Henrique Neira é o responsable da edición dos textos.