A Ciberseguridade, a análise nun novo faladoiro dixital, con expertos do INCIBE e de empresas punteiras

  • A xornada forma parte da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital
  • A asistencia é de balde previa inscrición en eventos@cpeig.gal

Logo CPEIG

Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) desenvolverase o vindeiro 21 de setembro dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital. O encontro, que abordará a ciberseguridade coa participación de expertos na materia, desenvolverase no Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, de 09.45H. a 14.00H.

Despois da benvida institucional a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, ás 10.15 H. intervirá Susana de la Fuente, coordinadora de Xestión do Talento do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (Incibe).

Tras un breve descanso, ás 11.30 H. abordaranse boas prácticas en ciberseguridade, cos casos de Adolfo Domínguez e a adega Pepe&Lola como exemplos. Por parte da empresa téxtil falará Pablo Aranda, responsable de Microinformática de Adolfo Domínguez, e en representación da adega intervirá Carlos Rodríguez, responsable de Proxectos TI.

Ás 12.30 horas celebrarase un debate entre todos os relatores, aberto tamén á participación das persoas asistentes.
As persoas interesadas en acudir ao faladoiro poden inscribirse xa de balde no enderezo eventos@cpeig.gal e tamén través da web www.profesionsdixitais.org, onde atoparán máis información do programa e dos relatores

1 mes, 1 profesión dixital

A campaña 1 mes, 1 profesión dixital desenvolve a segunda edición durante o presente ano, abordando as oportunidades profesionais e boas prácticas. O obxectivo xeral é crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego. A iniciativa é froito do acordo de colaboración asinado no presente ano entre o CPEIG e a Amtega.

AdxuntoTamaño
programa_ciberseguridade.pdf95 KB