GaliciaTIC analizará a transformación dixital para unha competencia global co CPEIG como colaborador

Xa te podes inscribir no evento, que terá lugar o 22 de setembro

Logo GaliciaTIC

A organización do evento GaliciaTIC -que  terá lugar o día 22 de setembro na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, baixo o lema “Transformación dixital para unha competencia global"- conta, entre as entidades colaboradoras, co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). 

Podes consultar o programa e realizar a inscrición a tráves do enlace http://galiciatic.com ou descargando a app en Android e IOS. Coma colexiada/o podes acollerte ás vantaxes das que nos beneficiamos como entidade colaboradora.

Despois de trece edicións, GaliciaTIC segue na aposta polas tendencias máis actuais nas tecnoloxías TIC, desde o punto de vista da oferta global e de man dos líderes tecnolóxicos globais. A organización do evento propón unha serie de temas de grande actualidade para atraer a atención do mundo profesional, empresarial e  académico.