O CPEIG participa no debate sobre a adaptación ao EEES na UDC

A sesión, organizada polos Representantes de Estudantes tivo lugar no salón de actos da Facultade de Informática.

Logotipo da UDCRepresentantes do CPEIG participaron onte nunha asamblea sobre a transformación en grado dos títulos actuais. A reunión tiña carácter
aberto co fin de contar con todas aquelas persoas que quixeran escoitar ou comentar algo sobre este importante tema: persoal de administración e servizos, persoal docente e investigador, e alumnos. Cabe destacar a presencia de membros da Comisión Encargada da Transformación en Grao dos títulos Actuais, entre os que figuraban o Decano da Facultade e distintos directores de Departamento. Estes representantes mostraron os distintos puntos de vista e opinións sobre todas estas cuestións.

 

A motivación fundamental destas asembleas reside na necesidade de crear un foro de debate e discusión de ideas onde se traten de forma aberta as cuestións relativas á Adaptación ó Espacio Europeo de Educación Superior e a súa aplicación aos estudos impartidos na Facultade de Informática. O punto principal de discusión centrouse no número de graos nos que se transformarán os títulos actuais e a denominación dos mesmos, o que non impediu que se trataran outros temas de interese relacionados.

Tamén se debatiu sobre a situación actual e futura do CPEIG e convidouse a este a participar de xeito activo na definición dos novos plans de estudo formando parte dunha comisión de expertos.