A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia reunirá a colexiad@s o venres 3 de xuño no gran evento TI

A estrela televisiva Leo Harlem conducirá a gala

Logotipo da VIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A "Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia“ está xa quecendo os seus motores para que sexa unha velada inolvidable para todas as colexiadas e colexidados. Este ano celebramos a oitava edición, con máis novidades, máis premios, máis patrocinadores e cunha figura da televisión e o teatro, Leo Harlem, quen fará de mantedor dos premios e nos ofecerá un divertido monólogo.

En relación aos premios, faremos entrega dos seguintes galardóns.

  • Premio Fin de Carreira: María García García polo proxecto Estratexias transaccionais para lograr High-Perfomance en aplicacións JEE7. O obxectivo do traballo é maximizar a eficiencia dos sistemas de transacción garantindo a integridade e consistencia dos datos.
  • Premio e-Inclusión: Fundación Vodafone, dirixida ao desenvolvemento das TIC para fomentar a accesibilidade universal, a vida independente e a inserción socio-laboral a prol de grupos vulnerables
  • Premio Iniciativa Emprendedora: a empresa NLPgo, que naceu coa vocación de ser o apoio informático necesario para calquera lingüista ou grupo de lingüistas que non dispoñan do  soporte informático suficiente para levar a cabo os seus proxectos.
  • Premio  Iniciativa Empresarial: A Autoridade Portuaria da Coruña polo proxecto Smart Port A Coruña, desenvolvido pola UTE Avante Emetel-Altia. O Porto da Coruña aposta por unha solución tecnolóxica a medida que innova sobre solución existentes e que inclúe investigación e desenvolvemento de novas funcionalidades. A comunidade portuaria queda habilitada para o desenvolvemento de operación e servizos  de forma integrada, segura, eficiente e innovadora.
  • Premio Iniciativa da Administración: proxecto Civil UAVs Initiative. Situará Galicia na tecnoloxía emerxente dos avións non tripulados, na que as achegas dos enxeñeiros e enxeñeiras en Informática serán fundamentais.
  • Premio Ada Byron: Nieves Brisaboa profesora , investigadora e directora do Laboratorio de Bases de Datos da Facultade de Informática da Coruña.
  • Premio Traxectoria Profesional: Patricia Rodríguez Dapena. É na actualidade CEO da empresa Softwcare S.L. Foi enxeñeira de software e de calidade de software en diferentes empresas españolas  entre 1987 e 1992 e nese último ano pasou a ser staff da Axencia Espacial Europea en Holanda (ESTEC).
  • Colexiado de Honra: Alejandro Pazos Sierra

Tamén se lle rendirá homenaxe á Escola Superior de Enxeñaría en Informática da Universidade de Vigo polos seus 25 anos de traxectoria académica.

Este ano contamos cun maior número de patrocinadores, un feito que dá conta do interese crecente que suscita o noso colectivo entre o empresariado e as institucións. 

  • Patrocinadores ouro: Altia, Amtega, Bahía Software, Emetel, Epson, Everis, HP-Intel, Indra, Kaspersky, NetApp, Oracle, Plexus, R, Retegal, Telefónica, Unisys, Vodafone e Xunta de Galicia.
  • Patrocinadores prata: Acuntia, Arcade Consultores Inforhouse, Atos, Avaya, Balidea, Cisco,  Deputación de Pontevera, Ednon, EMC, Fortinet, Grupo PSN,  Idom, Informática de El Corte Inglés, Inycom, Oesía, Samsung, Symantec, Tech Talents e Tecnocom.

Inscrición

Para inscribirse no evento, utilize o seguinte formulario 

Temos unha cita o 3 de xuño para celebrarmos a "Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia".