Convócanse dúas asembleas xerais do colexio

A Xunta de Goberno do colexio convoca dúa asembleas xerais que se celebrarán o sábado 21 do mes de maio.

logo asemblea xeral 2016

A primeira asemblea, de carácter extraordinario, ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións sobre os estatutos do colexio .

A segunda asemblea, de carácter ordinario, céntrase na aprobación da memoria anual de actividades, das contas, dos orzamentos, das cotas de colexiación, e a aprobación de Colexiados de Honra.

O sitio web do CPEIG dispón dunha sección específica sobre estas asembleas na cal se poden descargar toda a documentación sobre as mesmas.