Charla sobre Prevención da Fraude Dixital

O director global de Negocio Ciberseguridad de Prosegur, Isaac Gutiérrez Gómez, impartirá o relatorio, nun acto organizado polo CPEIG e Prosegur

Logo CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración con Prosegur, organizou para o vindeiro 12 de maio unha charla sobre prevención da fraude dixital. O relatorio correrá a cargo do director global de Negocio Ciberseguridad Prosegur, Isaac Gutiérrez Gómez.

A sesión, dirixida especialmente ao ámbito empresarial, vai ter lugar na Hospedería San Martín Pinario, en Santiago de Compostela, a partir das 18.30 horas. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse no enderezo eventos@cpeig.org.