Supercomputador Finisterrae

O superordenador reservará parte da súa capacidade para dar aceso aos retos de investigadores de todo o mundo.

O supercomputador Finisterrae, que ten a súa sede no Centro de Supercomputación de GaliciaSupercomputador Finisterrae (Cesga), comezará a colaborar nos mellores proxectos que presente a comunidade científica internacional. Segundo explicou o director do Cesga, Xavier García Tobío, vaise constituír un comité de acceso para darlles entrada a "proxectos vip".

En declaracións a La Voz de Galicia, García Tobío asegura que "se alguén ten un proxecto que dende o punto de vista científico computacional sexa de alto interese para a ciencia, reservarémoslle unha parte da máquina ata que o remate na súa totalidade e sen necesidade de esperar cola". Os investigadores elixidos terán catro millóns de horas de cálculo ao ano, o 20% da capacidade do Finisterrae.

Para acceder aos proxectos de elite convocaranse dúas quendas anuais no concerto internacional. Actualmente, o superordenador e os outros computadores do Cesga danlles servizo a 645 grupos de investigación, dos que o 82% son galegos e o resto do CSIC.