O alumnado do colexio Tirso de Molina de Ferrol asiste a unha charla do CPEIG sobre os estudos de Enxeñaría en Informática

A presentación tivo lugar no centro educativo o pasado 18 de marzo

Logo CPEIGO colexio Tirso de Molina de Ferrol acolleu o día 18 de marzo unha charla do presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, para explicarlles ás rapazas e rapaces os estudos e saídas laborais de Enxeñaría en Informática.

Baixo o título de “Enxeñaría en Informática: unha profesión de futuro”, o representante do CPEIG achegoulle ao alumnado do centro ferrolán os seguintes datos, extraídos do “Informe sobre a situación laboral das enxeñarías en Informática”, elaborado coa colaboración da Amtega e o CPETIG:

  • O 91,77% dos enquisados está traballando.
  • Media de 2,46 meses para encontrar o primeiro emprego.
  • 79,35% de contratos indefinidos.
  • Principal exercicio profesional: elaboración de proxectos informáticos (43, 78% do total)
  • Principais competencias: capacidade  de aprendizaxe e adaptabilidade
  • Satisfacción coa formación recibida: 3,37 puntos sobre un total de 5.
  • Principal motivación: vocación para os homes e saídas laborais no caso das mulleres.
  • Tramo salarial más común: 18.000€-30.000 € brutos ao ano.

Como factores atractivos para decantarse polos estudos de Enxeñaría en Informática, Suárez Lorenzo destacou “a vocación, o prestixio social e as expectativas laborais”.