A AMTEGA e o CPEIG abordarán os perfís profesionais que marcan as novas tendencias dixitais nun ciclo de 6 xornadas

É unha das iniciativas do convenio asinado entre a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia

Firma Convenio AMTEGA 2016A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrarán este ano un ciclo de xornadas os perfís dixitais que xorden das novas tendencias tecnolóxicas e ofrecerán formación especializada en TIC para empregados públicos, docentes e familias. Son as liñas de colaboración recollidas no convenio asinado o pasado día 29 de febreiro pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.  A Amtega achegará ao CPEIG 65.000 euros para o desenvolvemento das accións previstas

Novos perfís profesionais de base tecnolóxica

O acordo posibilitará a celebración de seis xornadas divulgativas sobre os perfís profesionais que están a xurdir coas novas tendencias tecnolóxicas.  As sesións impartiranse da man de profesionais e expertos que aborden os temas desde a súa experiencia. 

Esta actividade encaixa cos obxectivos da Axenda Dixital de Galicia 2020 de impulsar as vocacións tecnolóxicas e novos perfís dixitais que satisfagan as necesidades do mercado TIC a medio e longo prazo. Cómpre lembrar que en Europa prevense para o 2020 uns 16 millóns máis de postos de traballo que requiran competencias en TIC.”

Os menores e as novas tecnoloxías

O acordo establece tamén a celebración de varias actividades no marco do programa “Rapaciñ@s” como unha xornada sobre os menores e as novas tecnoloxías, que combinará sesión informativa para pais e nais con actividades lúdicas para os máis pequenos. 

Este actividade complementarse con charlas divulgativas nas principais cidades de Galicia orientadas ás dúbidas e preocupacións de pais e nais sobre a relación dos seus fillos coa Rede. Nesta mesa liña de actuación elaborarase  unha guíe sinxela e accesible para orientar a  pais e nais sobre os beneficios e os riscos da tecnoloxía, recomendacións sobre o uso seguro dos diferentes dispositivos TIC, técnicas de control parental ou a que organismos poden acudir en caso de dúbida, entre outros aspectos.

Formación a docentes e empregados públicos

Que os docentes adquiran as competencias dixitais precisas para a integración das TIC nas aulas é o obxectivo de varias xornadas formativas para profesores que o CPEIG celebrará ao longo deste ano. Esta formación, dentro da estratexia tecnolóxica do ámbito educativo marcada na iniciativa Abalar, incidirá na formación actualización continua da Guía LOPD, cursos formativos de protección de datos e  en materia de programación.

Facilitar a adaptación dos empregados públicos ao novo contexto dixital é outra das liñas de actuación da Amega dentro do Plan de Goberno e Administración dixital. Neste contexto o CPEIG impartirá seis cursos, eminentemente prácticos onlie e presenciais, nos que se formará aos traballadores en metodoloxías e técnicas que poidan aportar valor ao seu traballo diario.