A ETSE de Santiago acolleu o "Taller de habilidades sociais para enxeñeiros" coa participación do presidente do CPEIG

O obradoiro de coaching estivo dirixido a estudantes de grao ou máster

coach etse

O taller "Habilidades sociais para enxeñeiros", organizado o pasado día 18 de febreiro na ETSE de Santiago de Compostela, contou coa participación do presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, quen baseou a súa intervención na experiencia propia. A xornada deseñouse co obxectivo de transmitirlle aos asistentes, estudantes de grao ou máster, unha mensaxe motivadora ou reveladora sobre cómo afrontar mellor o futuro profesional.

Segundo a organización deste evento de coaching, nun mundo profesional en constante cambio e onde a información e o coñecemento son amplamente dispoñibles, “as habilidades técnicas específicas teñen cada vez unha importancia máis relativa fronte a competencias coma poden ser o auto-coñecemento para definir e liderar o proxecto de vida ou carreira profesional; saber escoitar para entender a outros e comunicarse de forma eficaz ( traballo en equipo ); dominio persoal , auto-confianza e saber transmitir confianza aos outros; e venda das ideas.

Mediante a mellora das habilidades sociais, o taller buscou ampliar as opcións de éxito na empregabilidade e no emprendemento, así como a mellora da satisfacción persoal dos asistentes.

O CPEIG, a través da súa participación en iniciativas impulsadas desde a Universidade, busca afianzar o seu coñecemento na sociedade, reforzar os seus vínculos co eido académico e achegarse aos estudantes.