Información Xeral sobre o Curso de Peritaxes e Informática Forense 2008

Dentro do Programa de Formación do CPEIG para o ano 2008 está prevista a realización dun seminario de Peritaxes e Informática Forense.

Este seminario impartirase os vindeiros venres 30 e sábado 31 de maio no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela. Ao mesmo están convocados/as todos/as os colexiados/as que desexen formarse nesta disciplina da nosa profesión.

Programa

Venres 30, en horario de 16 a 20 horas

Cristina Nebot, avogada e membro do bufete de avogados Pintos & Salgado, exporá a informática forense: aspectos legais, peritos e informes periciais, así coma as novidades legais en materia de LOPD.

Sábado 31, en horario

De 10 a 18 horas (con pausa para o xantar)

Eduard Elias, enxeñeiro en informática e perito informático, ofrecerá un punto de vista máis práctico ilustrado con casos reais, todos eles vistos desde a perspectiva dun enxeñeiro en informática. Organizaranse equipos para traballar en casos prácticos.

A partir das 18 horas

Abrirase unha mesa redonda na que participarán os enxeñeiros en informática Eduard Elias, Diego Benítez e Juan Otero e na poderán participar todos os asistentes ao curso coa fin de debatir sobre o estado das peritaxes informáticas.

Inscrición

Requisitos

Para poder asistir a esta actividade formativa é preciso estar en posesión da titulación de Licenciatura/Enxeñaría en Informática ou Diplomatura/Enxeñaría Técnica en Informática.

Número de prazas

A actividade formativa está prevista para 40 asistentes. As prazas asignaranse segundo os seguintes criterios:

  1. Os/As colexiados/as teñen preferencia.
  2. Os titulados en Licenciatura/Enxeñaría en Informática teñen preferencia.
  3. Data de envío da solicitude de inscrición.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados do CPEIG: 95€
  • NON colexiados/as que acepten compromiso de colexiación (*): 95€
  • NON colexiados/as: 200€

Os cafés da pausa e a comida están incluídas na cota de inscrición do curso.

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación, a cal se formalizará o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

Procedemento de inscrición

O prazo de inscrición no curso foi pechado debido a elevada demanda do mesmo. Por este motivo, o CPEIG organizará proximamente outra edición deste curso.

Todas aquelas persoas que presentaron a súa solicitude deben lembrar que a data límite para facer efectiva a inscrición, realizando o ingreso da cota na conta corrente indicada máis abaixo, será o luns 26 de maio ás 23.00 h.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos do curso.

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Número de conta corrente

A cota de inscrición deberá ingresarse na seguinte conta corrente de "la Caixa":

2100-2954-75-0200085712

No concepto do ingreso deberá figurar o DNI e o nome do asistente ao curso.

Aloxamento

Para aqueles asistentes que o desexen, existirá a posibilidade de pernota na cidade de Santiago de Compostela nas noites da fin semana do curso a través do convenio asinado co Hotel Puerta del Camino. Os detalles deste convenio poden atoparse na sección de servizos do portal do CPEIG.

Lista de Peritos

É preciso lembrar a todos os colexiados que, para formar parte da futura Lista de Peritos que o Colexio xestionará, será preciso ter asistido a este curso ou ben ter a algún dos dous anteriores organizados pola AEIG.