A Valedora do Pobo recibiu o presidente do CPEIG en audiencia

Milagros Otero e Fernando Suárez estudarán futuras liñas de colaboración

Valedora do Pobo

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, mantivo un encontro de traballo coa nova Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, o pasado día 1 de outubro. 

Fernando Suárez presentoulle a Milagros Otero as distintas actividades e programas que desenvolve o CPEIG. Ao remate da xuntanza, que se desenvolveu no despacho da Valedora nun ton de cordialidade, ambos os dous comprometéronse a estudar posibles vías de colaboración entre o ente colexial e a institución do Valedor.

O presidente do Colexio aproveitou o encontro para reiterarlle á Valedora as felicitacións do CPEIG polas súas novas responsabilidades, parabéns que xa lle transmitira por carta unha vez nomeada.