O Ministerio asina un convenio con Microsoft, HP e La Caixa para a incorporación á Sociedade da Información

O convenio favorecerá a incorporación á Sociedade da Información das pequenas e medianas empresas, da xente nova, dos universitarios e dos cidadáns.

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio asinou un convenio marco de colaboraciónAcordo industria, la caixa, microsoft e HP con Microsoft, La Caixa e HP para favorecer a incorporación á Sociedade da Información do maior número posíbel de pequenas e medianas empresas, xente nova, universitarios e cidadáns en xeral no marco da liña de financiamento ICO-Plan Avanza.

Miguel Sebastián subscribiu o acordo co presidente de Microsoft Corporation, Steve Ballmer; co director xeral adxunto executivo de La Caixa, Antonio Massanell, e co presidente de Hewlett Packard España, Santiago Cortés.

En virtude do convenio, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio autoriza a Microsoft, La Caixa e HP a empregar o logo do plan Avanza nas actuacións de difusión que se acorden no marco do convenio e comprométese a considerar a participación das tres entidades noutras iniciativas para o fomento do desenvolvemento da Sociedade da Información.

Pola súa parte, as tres entidades comprométense a poñer a disposición dos beneficiarios potenciais solucións 'chave en man'. A elas poderase acceder a través das 5.480 oficinas de La Caixa, de modo que o trámite global se reducirá a unha soa visita a unha sucursal.

A liña de financiamento ICO-Plan Avanza busca facilitar a incorporación á Sociedade da Información do maior número posíbel de empresas e de cidadáns coa colaboración de entidades de crédito, mediante tres liñas de produtos: Préstamo TIC, Préstamo Jóvenes y universitarios e Préstamo Ciudadanía Digital.

Os detalles pódense consultar na web do Instituto de Crédito Oficial, na do Ministerio e na do Plan Avanza.