Os Enxeñeiros en Informática galegos seguirán no órgano de decisión do Consello Xeral por catro anos máis

Elixida a nova Xunta de Goberno do CCII, na que se integran 3 membros do CPEIG

Xunta de Goberno CCII 2015

O Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática (CCII nas súas siglas en castelán) celebrou o pasado sábado, 29 de agosto,  en Madrid unha asemblea extraordinaria na que, entre outros puntos, tratou a elección da nova Xunta de Goberno. A publicación o 11 de xullo no  BOE dos estatutos definitivos do CCII fixo necesario a convocatoria das eleccións, malia que os últimos comicios tiveron lugar aínda en 2014.

O 29 de agosto presentouse unha candidatura conxunta para a elección dos membros da Xunta de Goberno, de xeito que  este órgano seguirá liderado por Juan Pablo Peñarrubia como presidente.

Peñarrubia, quen repite no cargo, contará coa axuda de tres representantes galegos do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG): como vicepresidente primeiro recunca o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo; como vocal suplente primeiro actuará Juan Otero Pombo, actual vicepresidente do colexio galego; e como vocal suplente cuarto, Juan José González, secretario do CPEIG.

Declaracións do presidente do CPEIG

O presidente do colexio galego e vicepresidente primeiro do CCII, Fernando Suárez Lorenzo, considera de especial relevancia a forte presenza galega na Xunta de Goberno do consello. 

Na súa opinión, “trátase da visibilización de que as enxeñeiras e enxeñeiros en Informática galegos contamos, e moito, no conxunto de España, e que o traballo do noso colexio –en relación á reivindicación de melloras para a nosa profesión e de achegamento á sociedade-  é recoñecido polos nosos colegas do resto do país”. 

Despois da proclamación da candidatura, así queda a composición da nova Xunta de Goberno do CCII:

Presidente, Juan Pablo Peñarrubia Carrión 

Vicepresidente 1º, Fernando Suárez Lorenzo 

Vicepresidente 2º, Joaquín Garrido Zamora

Secretario, Pedro Espina Martínez 

Vicesecretario, Jacinto Canales de Caso 

Tesoureiro, Ignacio Lasheras Herrero 

Vocal 1º, Juan Salvador Castejón Garrido

Vocal 2º, Julián del Valle Fernández

Vocal 3º, Markus Hernández 

Vocal 4º, José García Fanjul 

Vocal 5º, Jose Manuel Pacho Sánchez 

Vocal 6º, Rafael Ángel Alonso Álvarez 

Vocal Suplente 1º, Juan Otero Pombo 

Vocal Suplente 2º, Juan Arrue Ullés 

Vocal Suplente 3º, José Brieba Sánchez 

Vocal Suplente 4º, Juan José González