O decano e o vicedecano de Relacións coa Industria da Facultade de Informática de A Coruña reciben ao CPEIG

Na xuntanza debatiuse sobre a situación actual das dúas institucións e a necesidades de colaboración entre as mesmas.

Logotipo da Universidade da Coruña

Un dos puntos principais foi a adaptación dos plans de estudos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Neste apartado o decano especificou as directrices que vai seguir a UDC para tratar os títulos de grao. Os representantes da facultade aceptaron a proposta do CPEIG para colaborar coa comisión asesora da Xunta de Facultade para dirixir o proceso.

Os representantes da UDC aproveitaron o encontra para realizar unha exposición do actual Máster en Informática, recibindo a proposta de colaboración do colexio en todo o relativo a contidos, docencia, programación, etc.

Afondando na idea de aumentar o coñecemento do colectivo representado polo colexio, e co obxectivo final da creación dun Observatorio da profesión, os representantes do CPEIG solicitaron a colaboración da universidade no seu papel de vertebrador dos futuros titulados e como referencia no mundo académico. O decano expuso que dispoñen dun observatorio de ocupación a nivel de ámbito e a posibilidade de interación co centro de estatística da Universidade.

Ambas institucións coincidiron na importancia de coordinar as súas bolsas de emprego coa fin de mellorar a situación laboral dos titulados/as, establecendo filtros comúns á hora de aceptar as distintas solicitudes recibidas do mundo empresarial. A aposta común é servir de espello para definir os perfis profesionais e baremos de honorarios de cara ao tecido empresarial galego e exterior á comunidade.

Por outra banda, o CPEIG expuso o seu interese na posibilidade de establecer unha normativa de calidade de xeito que os proxectos informátics desenvolvidos sexan refrendados polo colexio se cumplen cuns mínimos de garantías. O decano expuxo a situación actual do centro de desenvolvemento de software dependente da univerdidade e propuxo unha colaboración para temas de visado de proxectos que se concertará nunha reunión co director de dito centro.

Xa por último, durante o encontro esbozáronse os contidos para a sinatura dun convenio de colaboración UDC-CPEIG.