AGBO Business ofrece o seu Master Bootcamp con descontos vantaxosos para os colexiados do CPEIG

A primeira edición comezará o 14 de marzo e os contidos serán impartidos a través dun modelo de b-learning

AGBO

AGBO Business Architecturre, alidado do CPEIG en materia de formación, lanza un novo plan KeepCoding: StartUp Engineering Master Bootcamp. Trátase, segundo os propios organizadores, “dunha acción formativa súper intensiva de especialización en desenvolvemento de vangarda para StarUps, e que inclúe iOS, Android, Web, Backend, UX, boas prácticas e emprendemento”.

master bootcamp está deseñado por Fernando Rodríguez para lograr, mediante a aprendizaxe e o esforzo, o dominio absoluto das ferramentas de desenvolvemento. O obxectivo final é que o alumno ou alumna se converta nun 10x developer

Seis meses de duración

A primeira edición deste master comeza o vindeiro 14 de marzo. Os contidos serán impartidos a través dun modelo de b-learning, que lle permite ao alumnado un seguimento desde calquera lugar do mundo. A duración do programa é de seis meses. 

As colexiadas e colexiados do CPEIG contan cun desconto especial do 5%, ao abeiro do convenio asinado recentemente. Máis información no formulario de contacto na páxina web ou no seguinte correo electrónico cursos@agbo.biz

AGBO Business Architecture converteue en nova entidade colaboradora do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática despois da sinatura dun acordo de colaboración entre ambas as dúas entidades a comezos do presente ano. O texto do convenio foi rubricado no seu día por Adriana Gonçalvez Botelho, en representación de AGBO, e polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo.