La Caixa únese ao selecto grupo de entidades colaboradoras do CPEIG

Asinado un convenio de colaboración coa entidade bancaria, que ofrece vantaxes ás persoas colexiadas

laCaixaFernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e Ignacio Pascual Reparaz, director do Centro de Institucións Galicia de La Caixa, asinaron o pasado día 11 de decembro en Santiago de Compostela un convenio de colaboración.

De acordo co texto rubricado, a entidade financeira realizará unha oferta de produtos e servizos, destinada a todos os membros do CPEIG, en condicións especiais, segundo podes consultar no folleto xunto.

Mediante a sinatura do presente convenio, a Xunta de Goberno do CPEIG continúa a súa intensa rolda de contactos con entidades e organismos na busca de vantaxes para as enxeñeiras e enxeñeiros colexiados.