Introdución aos colexios profesionais

Temos constancia dos primeiros colexios profesionais na Idade Media. Xorden como órgano de expresión dos núcleos profesionais típicos da Universidade medieval: os xurídicos e os sanitarios.

Icona de informaciónDurante o século XIX o liberalismo doctrinario intentou eliminalos argumentando que o seu funcionamento era tan anacrónico como os gremios, pero non se conseguiu.

Na sociedade española, os colexios profesionais contan cunha longa tradición pero empézanse a configurar, tal e como hoxe os coñecemos, a partir do segundo terzo do século XIX. Na actualidade España conta con medio centenar de profesións profesionais repartidas en preto de mil colexio profesionais.

Normativa que os regula

Os colexios profesionais están definidos no artigo 1 da lei 2/1974, de 13 de febreiro, como corporacións de dereito público, amparadas pola Lei e recoñecidas polo Estado, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.

A Constitución Española tamén fai referencia a estas entidades no artigo 36:

" A Lei regulará as peculiaridades propias do réxime xurídico dos Colexios Profesionais e o exercicio das profesións tituladas. A estrutura interna e o funcionamento dos colexios deberán ser democráticos ".

A lei 2/1974 regula a organización e o funcionamento dos colexios do modo máis amplo posible en consonancia co carácter profesional dos fins colexiais. É un instrumento de participación dos españois nas funcións públicas de carácter representativo.

O obxectivo destes organismos é a ordenación do exercicio das profesións, representación exclusiva das mesmas e a defensa dos intereses profesionais dos colexiados, todo iso sen prexuízo da competencia da Administración Pública por razón da relación funcionarial, e das específicas da Organización Sindical en materia de relacións laborais.

Segundo o artigo 3 da lei 2/1974 aquelas persoas que teñan a titulación requirida e reúnan as condicións sinaladas estatutariamente terán dereito a ser admitidos no colexio profesional que corresponda.

Existen profesións que esixen, para poder desempeñar as tarefas laborais, acharse inscrito no colexio correspondente. Cando unha profesión se organice por Colexios territoriais bastará a incorporación a un só deles, que será o do domicilio profesional único ou principal para exercer en todo o territorio do Estado, sen que poida esixirse polos Colexios, nos que non radique o devandito domicilio, habilitación algunha nin o pago de contraprestacións económicas distintas daquelas que esixan habitualmente aos seus colexiados pola prestación dos servizos dos que sexan beneficiarios e que non se atopen cubertos pola cota colexial.

As diferentes lexislacións autonómicas que afectan aos Colexios Profesionais fan que o profesional deba adaptarse a diferentes normativas ddependendo do territorio no que desenvolva o seu labor profesional. No caso de Galicia. a regulación que enmarca os colexios profesionais é a Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cales son as principais funcións dun Colexio Profesional?

As funcións esenciais dos Colexios son as do ordenamento e vixilancia deontolóxica da profesión como corporacións de dereito público, así como a defensa da profesión e os profesionais fronte a terceiros. Teñen tamén como misión contribuír ao desenvolvemento profesional e axuda aos seus colexiados en diferentes ámbitos.