O CPEIG, coa Selección Española de Fútbol

Logo CPEIG

A selección española de fútbol estréase no Mundial de Brasil a noite do día 13 xogando contra Holanda. Sabemos que no ambiente da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia se vai respirar un certo nerviosismo por coñecer o desenvolvemento do partido e por iso queremos facervos desde xa cómplices deste encontro deportivo.

Animámosvos a que vos inscribades na porra virtual do CPEIG . Hai en xogo cinco camisetas da selección española de fútbol, cortesia de Bahia Software

Entrade en http://www.competi.net/PorraExpress/ver/id/rolzhelekibevem e facede a vosa porra. Para recibir a camiseta, é necesario asistir á Noite.