O covenio coa Librería Herrero suma máis beneficios para as persoas colexiadas

O acordo contempla descontos do 10 por cento na compra de libros

Logo CPEIG

A librería catalá Herrero vén de incorporarse ao amplo grupo de empresas colaboradoras do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) mediante a rúbrica dun acordo de recente sinatura.

Segundo o texto asinado, a librería achegaralle ao CPEIG información periódica das novidades publicadas en temas de interese para o colexio e ofreceralles un desconto do 10 por cento tanto ao ente colexial coma  ás persoas colexiadas.

A vixencia do acordo será dun ano, renovable automaticamente á súa finalización por períodos dun ano, agás renuncia expresa de calquera das dúas partes cunha antelación mínima de 15 días.

Asinaron o acordo Fernando Suárez Lorenzo como presidente do CPEIG e Joan Herrero Amigó en representación da Librería Herrero.