Xestión de Proxectos con Scrum Manager

Curso oficial presencial de Certificación Scrum Manager

Logo FEUGA

Este curso ensina a través da práctica como traballar con Scrum e como adaptar os procesos actuais para lograr unha implantación realista e eficaz desta metodoloxía e das técnicas áxiles na súa organización.

O desenvolvemento do curso é unha experiencia/exercicio de Scrum en si mesmo, desenvolvido de forma iterativa, incremental, con duracións fixas para as distintas seccións e coa súa propia lousa de tarefas.

O modelo pedagóxico utilizado é totalmente dinámico, interactivo e baseado na práctica, incluíndo simulacións de scrum, plan de produto, product backlog, estimación áxil, vídeos e exercicios.

Os alumnos que desexen realizar e superen os exercicios de capacitación ao final do curso, obterán a acreditación profesional oficial de Scrum Manager.

O curso inclúe:

  • Material de alumno: Libro de apuntamentos, fichas de actividades e exercicios, baralla para estimación de póker.
  • Curso presencial de 16 horas, incluídos talleres e actividades:
    • Taller de simulación de xestión de proxectos predictiva. Actividades: Análise, Descomposición e estimación, planificación e seguimento.
    • Taller de xestión de proxectos áxil con Scrum: product Backlog, sprint Backlog, reunión de inicio de sprint, reunión diaria, reunión de peche de Sprint.
    • Exercicio de estimación de póker.
    • Exercicios de xestión do coñecemento, explicitación e socialización.
  • Probas e certificación oficial Scrum Manager (certificación de 150 Puntos de autoridade Scrum Manager).

Este curso organízano FEUGA e CPETIG.

Os socios de FEUGA e colexiados do CPEIG gozarán dun 10% de desconto.