Ciclo se seminarios prácticos de solucións empresariais en Software Libre no Centro Demostrador TIC realizados por AGASOL

Esta nova actuación comparte os obxectivos da Guía de solucións TIC en Software Libre para profesionais autónomos e o Programa de Asesores Tecnolóxicos presentados nas últimas semanas.

CDTIC

Dentro da estratexia de promoción do Software Libre no ámbito empresarial, a AMTEGA promove a celebración dun ciclo de seminarios prácticos de solucións empresariais en software libre, dirixido ás pequenas e medianas empresas galegas.

Poderán coñecer de forma práctica as vantaxes do uso de Sistemas de Xestión Empresarial (ERP), de Relacións cos Clientes (CRM), Xestión Documental, Xestión de Contidos (CMS), Comercio electrónico, Xestión de rede, Cloud e traballo en grupo. Estes seminarios celebraranse no Centro Demostrador TIC durante os meses de Outubro e Novembro.

  Esta actuación comparte os obxectivos da Guía de solucións TIC en Software Libre para profesionais autónomos e o Programa de Asesores Tecnolóxicos: promover que as empresas e profesionais galegos sexan capaces de utilizar as TIC para ser máis eficientes, aumentar a súa produtividade e innovar.

O pasado 18 de setembro a AMTEGA presentou tamén no CDTIC a Guía de solucións TIC en Software Libre para profesionais autónomos elaborada en colaboración coa Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre (AGASOL), na que se fai un percorrido por solucións libres dirixidas a micropemes e profesionais autónomos. Esta guía compleméntase cun asesoramento de primeiro nivel por parte de AGASOL.

Con este ciclo de seminarios, vaise un paso máis alá, xa que o seu obxectivo é achegar dun xeito totalmente prácticoas funcionalidades e vantaxes das diferentes solucións tecnolóxicas ao noso sector produtivo. Desta forma os empresarios poderán coñecer a través dunha breve introdución teórica, e dun caso de éxito como poderían mellorar na súa xestión, optimizar os seus procesos e por tanto ser máis eficientes e incrementar os seus resultados.

O ciclo constará de 8 seminarios de 4 horas de duración cada un, no que se realizará unha primeira parte de introdución á temática, ás utilidades da solución TIC presentada para as empresas, ás alternativas en Software Libre e aos criterios para seleccionar a mellor solución e provedor, para posteriormente desenvolver unha demostración práctica dun caso de éxito dunha das solucións libres expostas.

Programación dos seminarios

Os seminarios previstos para os meses de Outubro e Novembro son os seguinte

A asistencia é totalmente gratuíta estando só limitada pola capacidade da sala e previa inscrición en liña a través dos correspondentes formularios de inscrición de cada seminario na web do CDTIC.