A UDC na futura rede de parques tecnolóxicos de Galicia

O anuncio realizouse no marco das Xornadas de Parques Tecnolóxicos de Galicia, o director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia.

Logotipo da Universidade da CoruñaSalustiano Mato, vén de desvelar que "xa está en marcha a constitución dunha Rede de Parques Tecnolóxicos de Galicia que estará formada polo parque da Universidade da Coruña, o de Vigo e o Parque Tecnolóxico de Galicia" (situado en Ourense).

Mato destacou que o actual equipo de goberno da UDC está "en completa harmonía" coa idea de desenvolvemento científico e empresarial no que se está a traballar na Consellería de Innovación e que, neste senso, as universidade cumpren un papel fundamental.

O Parque Tecnolóxico da UDC conta xa con tres centros en funcionamento ligados ás liñas estratéxicas da universidade: a construción, co Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, Citeec; as tecnoloxías da información e comunicación, co Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Citic (no que hai actualmente tres empresas traballando); e as enxeñarías, co Centro de Innovación Tecnolóxica, CIT. A estes sumarase proximamente o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas, CICA, relacionado con proxectos de investigación sobre a enerxía e os recursos naturais, que está actualmente en fase de redacción.

O parque, vinculado á UDC, conta cunha xestión independente para o cal se creou unha sociedade limitada participada, ademais de pola universidade coruñesa, pola Xunta, o Concello da Coruña e unha entidade financeira, cun capital inicial de dous millóns de euros.

Segundo os datos aportados polo presidente da APTE, en 2006 había en España 81 parques tecnolóxicos integrados por un total de 2.615 empresas nas que traballaban case 80.000 persoas e que alcanzaron unha facturación de 9 mil millóns de euros. Aínda que Romera Lubias se manifestou satisfeito por estes datos, asegurou que o gran desenvolvemento dos parques estaba por chegar e puxo as súas esperanzas na nova lexislatura do goberno de Zapatero, sobre todo, afirmou se se concreta a creación dun Ministerio de Investigación e Universidades.

As xornadas nas que se analizou o papel dos parques tecnolóxicos de España contaron tamén coa presenza do presidente da Rede de Parques Tecnolóxicos do País Vasco, Julián Sánchez Alegría e coa xefa de área de Parques Científicos e Tecnolóxicos do Ministerio de Educación e Ciencia, Manuela Abuín López.