Descontos do 10 por cento en cursos de Inglés para as persoas colexiadas

O CPEIG asina un convenio de colaboración coa academia OELS Official English Language School de Santiago de Compostela.

Logo CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de asinar un convenio de colaboración coa academia OELS Official English Language School de Santiago de Compostela ao abeiro do cal a entidade académica comprométese a ofrecer un desconto do 10 por cento ás enxeñeiras e enxeñeiros colexiados en calquera curso ou actividade que se leve a cabo nas súas instalacións.

A vixencia do acordo é de dous anos a partir da data da sinatura, que tivo lugar o pasado 14 de outubro entre o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, e o director académico de OELS Official English Language School, Brandon Gregory.

Mediante o acordo asinado, o CPEIG continúa a súa aposta por aumentar os beneficios colexiais. Máis información sobre as vantaxes da colexiación no portal do CPEIG.