Ubuntu Linux consegue certificación de compatibilidade con Sun

Sun sería a primeira das grandes compañías fabricantes de servidores do mundo en certificar que o seu hardware é compatible con Ubuntu Linux.

Logotipo de ubuntuO movemento pon en xaque a Red Hat e a Novell que ven como un rival máis pequeno vai plantarlles cara no mercado do software de fonte aberta para equipos servidor.

Logotipo de Sun MicrosystemsUbuntu Linux anunciou que Sun Microsystems, unha das empresas fabricantes de computadores máis importantes a nivel mundial, ten previsto certificar a compatibilidade do sistema operativo de fonte aberta con algúns dos seus productos.

Este feito que poría en xaque a Red Hat e a Novell, dúas das grandes compañías de software libre, que verían como un rival máis pequeno podería plantarlles cara no mercado de servidores.

Segundo informa Reuters, as certificacións de Sun serían moi importantes para Ubuntu Linux, xa que hai decenas de distribucións independentes do sistema operativo de fonte aberta, sendo a maior parte delas incompatibles co software e o hardware que desenvolven os grandes fabricantes.