O CPEIG invitate a ver o film Jobs

Jobs Film

En virtude do acordo de colaboración entre o CPEIG e a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), as/os colexiadas/os poden asistir de forma gratuíta ó novo Cine Forum Empresarial, que se celebrará o vindeiro luns 14 de outubro en A Coruña, e o martes 15 en Vigo, a ver a película "Jobs", protagonizada por Ashton Kutcher, que nos presenta ao visionario icono de Silicon Valley, Steve Jobs, dando a coñecer un dos momentos mais decisivos deste hippie rebelde, as súas motivacións e as persoas que compartiron con él a súa aventura vital.

O guión de "Jobs" está cargado de mensaxes que reflicten e combinan a súa filosofía empresarial e o seu enfoque vital. Reflexións todas elas que nos mergullan nas habilidades necesarias para afrontar unha nova era. Eixos estratéxicos do management como o liderado extraordinario, a achega de valor da creatividade, a importancia da comunicación para alcanzar o éxito, a importancia de arriscar para ser grandes e xerar engagement emocional, serán algúns das mensaxes que se extraen deste filme.

Estamos ante un estilo de management que sen dúbida provocou grandes desencontros, por iso é polo que o Cinefórum "Liderazgo visionario" permitiranos profundar se realmente, esa monarquía colaborativa de Steve Jobs, era, é e será, un modelo de liderado con permanencia máis aló da súa persoa.

Candado mediano

Este é un servizo que unicamente se ofrece as/os colexiadas/os. Polo que se estás interesado en asistir é preciso identificarse no portal para o acceso ás indicacións da convidación

As prazas, por razóns de aforo, son limitadas.