O colexio mantén unha reunión coa Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago

O presidente realizou unha presentación sobre o colexio e as súas actividades, entre as que destacou a formación e o emprego de cara a unha posible colaboración co concello.

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, mantivo a reunión coa representante da Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago, Carme Casado.

Carme Casado expuxo as áreas de competencia da súa concellería, salientando o programa de bolsa de emprego e a posibilidade de colaboración co colexio no eido formativo tanto para os colexiados/as como para os pre-colexiados/as.