O CPEIG participará maña sábado no Acto de Fin de Carreira da Facultade de Informática da Coruña

O vicepresidente pronunciará un discurso e participará na entrega de diplomas.

Logo CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) participará mañá sábado, día 22, no acto de fin de carreira organizado pola Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Será o vicepresidente do colexio, Juan Otero Pombo, o encargado de pronunciar un discurso e de participar na entrega dos diplomas ás novas enxeñeiras e enxeñeiros.O acto terá lugar no Campus de Elviña a partir das 18.00 horas da tarde, na propia facultade.

O vicepresidente do colexio terá mañá a oportunidade de volver amosar as razóns do CPEIG para posicionarse en contra do borrador de Lei de Servizos Profesionais, claramente prexudicial para os intereses dos profesionais da Informática. Así mesmo, Juan Otero Pombo incluirá no seu discurso argumentos sobre as oportunidades que a colexiación no CPEIG lles ofrece aos novos enxeñeiros e enxeñeiras.