Información sobre a Asemblea Xeral 2013

logo asemblea xeral 2013

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia celebrará dúas asembleas, unha extraordinaria e outra ordinaria, no quinto sábado do mes de xuño.  

Data, hora e lugar

  • Data: Sábado 29 de xuño de 2013.
  • Hora: 
    • Asemblea Xeral extraordinaria: 10.00 en 1ª convocatoria e 10.30 en 2ª convocatoria
    • Asemblea Xeral ordinaria: 11.30 en 1ª convocatoria e 12.00 en 2ª convocatoria
  • Lugar: CERSIA. Avda. Fernando Casas Novoa s/n, 15707, Santiago de Compostela.

Documentación relacionada coas asembleas

Convocatoria

Na convocatoria oficial da asemblea poderá atopar a xustificación da mesma e a orde do día.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Convocatoria oficial da Asemblea Xeral 2013 [descargar]

Estatutos

A Asemblea Xeral extraordinaria que se celebrará en primeiro lugar ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións dos estatutos para mellorar a operativa do colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Decreto 82/2010, do 6 de maio, polo que se aproban a modificación dos Estatutos do CPEIG [descargar]

  • Estatutos modificados que se van a someter a aprobación [descargar]   

Acta da Asemblea celebrada en 2012

No ano 2012 celebrouse unha asemblea xeral ordinaria da cal é preciso a aprobación da súa acta.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Acta da Asemblea Xeral ordinaria 2012 (AX-2012/01) [descargar]

Memoria anual de actividades

Os estatutos do colexio recollen que unha das competencias da Asemblea Xeral é a aprobación da memoria anual de actividades presentada pola Xunta de Goberno do Colexio.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Memoria anual de actividades 2012 [descargar]

Contas do exercicio 2012

A aprobación das contas é un trámite esixido polos estatutos do colexio no que se debe dar o visto bo dentro da Asemblea Xeral ás contas do ano anterior.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

Orzamentos e cotas de colexiación

Os estatutos do colexio establecen que a Asemblea Xeral debe aprobar os orzamentos do ano 2013 e as cotas de colexiación.

En relación con este tema pode descargar os seguintes documentos:

  • Orzamentos e cotas previstas para o ano 2013 [descargar]