O CPEIG organiza o Curso de Xestión Áxil de Proxectos Software

Cada vez son máis os proxectos que están a incorporar prácticas áxiles, ou seguen unha metodoloxía áxil (Scrum, XP, Crystal Clear, etc.)

Logo CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o plazo de inscripción no curso de Xestión Áxil de Proxectos Software, ofertando un total de 20 prazas.

Os obxectivos do curso son profundar nas técnicas e ferramentas que necesita para xestionar con éxito o día a día dos proxectos áxiles na empresa.

Farase especial fincapé na planificación deste tipo de proxectos.

Ademais, comentaranse as leccións aprendidas e recomendacións desde a experiencia de KYBELE CONSULTING.

Temario

O temario percorre:

  • Que é a axilidade? (ben entendida)
  • Os inicios e o manifesto áxil
  • Introdución ás técnicas áxiles e SCRUM
  • Planificación e estimación áxil
  • Historias de usuario
  • Lean e Kanban
  • Técnicas áxiles (XP)

Audiencia

Dirixido a Directivos, xefes de proxecto, Product Owner, Scrum Master, responsables de calidade, responsables de mellora de procesos software, consultores, evaluadores, auditores informáticos, persoal de xerencia media e técnica da área de SE/TI e profesionais da área TIC.

Relator

Javier Garzás é Doutor (cum laude por unanimidade) e Enxeñeiro Superior en Informática (premio extraordinario). Estudos postdoctorales e investigador convidado na Universidade Carnegie Mellon (Pittsburgh, EE.UU), onde desenvolveu tarefas de investigación en metodoloxías áxiles.

Actualmente, é profesor Titular de Universidade na Universidade Rei Juan Carlos e traballa na empresa Kybele Consulting (spin off do grupo de investigación da Universidade Rei Juan Carlos e especializada en consultoría e auditoría software).

No que refire á súa experiencia profesional, traballou como consultor e auditor en proxectos IT en máis de 50 empresas, e desenvolvido a súa actividade profesional en países como Chile, Colombia, Venezuela e España, na implantación e mellora fábricas de software.

Escribiu máis de 80 publicacións en revistas e conferencias do sector, participado en máis de 20 proxectos de I+D e escrito 3 libros na área do desenvolvemento, entre eles o primeiro libro en castelán sobre fábricas software.

É o autor do blog www.javiergarzas.com, no que escribe periodicamente sobre Enxeñaría e Calidade do Software, Industria do Desenvolvo Software, Auditoría, Externalización, e en xeral sobre todas as prácticas relacionadas coa industria do software. 

Lugar e calendario

O curso impartirase o 24 e 25 de maio en horario de 16:30 á 20:30 e o sábado en horario de 10:00 a 14:00

Celebraráse na aula 202 (2ª planta) da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela. 

Inscrición

Número de prazas

O curso está previsto para 20 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as, precolexiados/as do CPEIG: 75€
  • NON colexiados/as, precolexiados/as que acepten compromiso de colexiación ou precolexiación: 75€
  • NON colexiados/as e NON precolexiados/as: 225€

Procedemento de inscrición 

Deberá cubrir o formulario de inscrición dispoñible aiqui.

O prazo de inscrición deste curso remata o xoves 23 de maio ás 23:00.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o XX de maio na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso ("XestionAxil").

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso. 

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.