O CPEIG publica o número 2 da revista TIG@

Pedro García Morán, EC´s Chief IT Advisor e exdirector xeral da Comisión Europea, entre os colaboradores

Logo CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de publicar o segundo número da revista TIG@, que leva á súa portada a conmemoración do Día da Muller e a Tecnoloxía.

Entre outros artigos, a publicación recolle o traballo de Francisco García Morán, EC´s Chief IT Advisor e exdirector xeral de Informática da Comisión Europea, sobre a Informática nas institucións europeas. Outro dos colaboradores deste número é José Manuel Peláez, director de Prevenda de Tecnoloxía de Oracle Ibérica, quen aborda o poder da información do Big Data. Por outra banda, Jesús Rodríguez Castro, xefe do Servizo de Informática do Concello de Santiago de Compostela, analiza a Axenda Dixital para España e María. R Malmierca, do Cesga, aborda o proxecto ICT-Go-Girls!. Así mesmo, o secretario do CPEIG, Juan José González Cid, contribúe á publicación cunha reflexión sobre a celebración do Día de Internet e o presidente do colexio, Fernando Suárez Lorenzo, aborda a necesidade dunha sociedade igualitaria tamén no panorama tecnolóxico.

A revista inclúe informacións sobre RIS3 e unha publirreportaxe sobre a reciclaxe de residuos eléctricos e electrónicos. Novas de empresas do sector e a presenza do CPEIG nos medios de comunicación completan este novo número de TIG@, a revista cuadrimestral do CPEIG.