O CPEIG organiza o curso Laboratorio de técnicas de virtualización para peritaxes

Logo CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o plazo de inscripción no curso Laboratorio de técnicas de virtualización para peritaxes, ofertando un total de 20 prazas.

O obxectivo do curso é proporcionar unha visión global do uso de ferramentas de virtualización no ámbito do peritaxe informático.

Proporcionarase no curso unha introdución ao concepto de virtualización de máquinas e ao concepto de imaxes con overlays, e a súa relación coa preservación de evidencia.

O curso consta tamén dun laboratorio de como aplicar estas técnicas con tecnoloxías de código aberto con VirtualBox de Oracle.

Relator 

Benito Martínez Lores é Licenciado en Informática pola UDC e membro do Corpo Oficial de Peritos do CPEIG

Actualmente é director de tecnoloxía de Qindel Group (http://www.qindel.com) liderando proxectos de arquitectura de virtualización de escritorios (VDI) sobre Linux co produto opensource QVD (http://theqvd.com) no sector de banca en varios países de Latino América.

Conta con experiencia en contornas de Telecomunicación principalmente en Portugal e o Reino Unido, nas áreas de Rede, Servizos Web e xestión e monitorización de servizos.

Contribue no mundo OpenSource colaborando con diversos proxectos en CPAN e github, e especialmente coa certificación de Linux LPI (http://lpi.org e http://lpi.org.es), coordinando un grupo de tradutores de diversos países de LATAM e acordar un dicionario de termos común entre as diferentes versións de español.

Posue certificacións en CISA, ITIL, RedHat, e LPI.

Lugar e calendario

O curso impartirase o 19 de abril en horario de 16:30 á 21:00

Celebraráse no CERSIA (Avda. Fernando Casas Novoa s/n, 15707, Santiago de Compostela). 

Inscrición

Número de prazas

O curso está previsto para 20 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as, precolexiados/as do CPEIG: 25€
  • NON colexiados/as, precolexiados/as que acepten compromiso de colexiación ou precolexiación: 25
  • NON colexiados/as e NON precolexiados/as: 50€

Procedemento de inscrición 

Deberá cubrir o formulario de inscrición dispoñible aiqui.

O prazo de inscrición deste curso remata o xoves 18 de abril ás 23:00.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 25 de outubro na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso ("Peritaxes").

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso. 

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.